Cousas de Castelao

Cousas de Castelao
24 de Xaneiro, 2026 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

O presidente da Fundación Castelao Miguel Anxo Seixas ofrece esta tarde en Ferrol unha reflexión en torno á figura e o legado do intelectual e político galego. A charla formará parte do Festival Fundacional que organiza o coro Toxos e Froles. Comezará ás oito da tarde no local do Toxos, situado na rúa Magdalena,220. Tamén actuará o grupo Ansuiña. 

ESCOITA O PODCAST:

Conversa con Xosé Luis Axeitos sobre Castelao:
https://redefusion-eu.us.stackstaging.com/audio/230126AXEITOS.mp3

Fotografía Xan Xe

No ano 2025 reivindicouse o nomeamento honorífico como primeiro presidente de Galicia de Alfonso Daniel Rodriguez Castelao. Naceu en Rianxo o 29 de xaneiro de 1886, segundo consta no Rexistro Civil. 

El xa en vida gañouse a denominación do guieiro. É un titulo que non o dan as universidades nin os parlamentos. A comunidade galega en Arxentina estaba polarizada e dividida pero nese contexto hostil de enfrontamento, no exilio nunha situación dificil, el gañou unha grande autoridade moral, segundo o profesor Xose Luis Axeitos.

O galego emigrado no Uruguai Francisco San Román dicía:

“Para o meu pai  o paso de Castelao pola miña casa era como unha visita de Deus. Castelao era unha persoa sumamente carismática que influía -e sen pretendelo- nas decisións políticas das persoas pero o extraordinario era a influencia que exercía nos aspectos íntimos e privados das persoas”.

 

SEIXAS, MIGUEL ANXO. Px.109. Castelao Construtor da nación. Tomo III - 1940-1950. Ed. Galaxia. Vigo. 2021.

 

Imaxe da gravación de "Matar as horas de nostalxia. Podcastelao"

Fotografía Xan Xe

Cultura

Publica o teu comentario agora