Cousas de mulleres

Cousas de mulleres

21 de Novembro, 2016 - 12:00 h. | Publicada por Radio Ordes

San Antonio bendito, dádeme un home, anque me mate, anque me esfole, ... Os versos de Rosalía de Castro esconden unha dramática e pioneira denuncia contra a violencia de xénero e contra as discriminacións das mulleres. A través da literatura, a autora de Cantares gallegos pon o dedo na chaga nunha das inxustizas máis universais.

'Cousas de mulleres' ofrece a posibilidade de comprobar de primeira man os fondos bibliográficos dos que dispón sobre as mulleres máis importantes de ámbitos como o deporte, as letras, ciencias, astronomía, literatura, arte, dereito, política, igualdade etc. Autoras e pioneiras procedentes tanto do territorio galego como doutros lugares do resto do mundo, como por exemplo Madame Curie, Maruxa Mallo, Clara Campoamor, Concepción Arenal, María Brey, María Soliña, María Casares etc. As persoas interesadas poderán visitar a mostra na biblioteca municipal de Ordes ata o vindeiro 10 de decembro.

Sociedade