ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
"A radio local, de proximidade debe converterse nun centro de produción para facer cousas máis alá da antena. Coa música local, cos grupos locais, hai moitas posibilidades. A antena limitaba o desenvolvemento. Pero o podcast presenta oportunidades importantes para a música local" segundo o profesor Juan Ignacio Gallego
“Para min, o podcast é un medio con características propias que o diferencian da radio” salienta o profesor. “Ten unha certa especificidade, rompe coa dinámica da radio tradicional e ten cousas doutros medios. Iso ten que ver coa forma na que se produce e que se distribúe. Vai máis alá do radiofónico. Aínda que Tiziano Bonini di que é unha forma cultural híbrida, para min é un medio diferenciado con cousas do radiofónico”. O podcast vai seguir medrando. Quedan por explorar espazos de audiencia, manifesta Gallego. “No mundo local queda moito por facer. Tamén a intelixencia artificial, a creación sonora, o multilingüe, son algunhas das tendencias que máis se debuxan. Co tema da música, e cos dereitos da propiedade intelectual, haberá formas a nivel legal que permitirán variar as formas de realizar podcast. Aínda quedan cousas por cambiar no territorio podcasteiro” conclúe. Juan Ignacio Gallego Pérez é profesor na Universidade Carlos III de Madrid e autor do libro “Podcasting, nuevos modelos de distribución para los contenidos sonoros”.
Representantes das Emisoras Municipais Galegas (Armando Cascón e Henrique Sanfiz) participaron nos Encontros organizados pola Facultade de Periodismo de Málaga en febreiro de 2023 sobre o futuro dos medios lcoais.
Fotografía: Pilar Moreno
Publica o teu comentario agora