ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
“Recorrentes”. Así cualificou Gumersindo Galego, o voceiro municipal do PP, as demandas que fai ao Concello de Fene. No espazo As Foxas avanzou a súa opinión sobre os asuntos que tratará esta tarde a Corporación no pleno municipal.

Preocúpalle especialmente a Gumersindo Galego que se perda un novo centro de saúde por falta de terreos. Lamenta o deterioro do patrimonio municipal. Pide que se xestionen subvencións para amañar a Casa de Cela. E di que en novembro o Concello xa debía ter un proxecto de Presupostos para o ano que vén. Na súa opinión o Concello de Fene vive “unha parálise total”. O voceiro do grupo popular tamén aproveitou para criticar que se destinen cartos do Plan de Obras e Servizos da Deputación a gasto corrente.
Publica o teu comentario agora