ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Ainda que non vos aturades / Iván Puentes se te atreves / dalle un toquiño a Moreda / Pra que remate o que queda. Esa é unha das rimas do Testamento do Entroido deste ano 2010, aludindo ás beirarruas da estrada provincial de Barallobre. O xornalista Pichi Varela deu lectura aos versos de despedida do Antroido nunha Praza do Concello chea de comparsas, disfraces individuais e público.
Os premios ás máscaras individuais foron para O Afiador e A Coelliña. En parellas gañaron Pilarita e Sarai, Ate que a morte nos separe e as Señoras de Palmirez. O mércores de cinza congregou en Fene a 14 comparsas procedentes de toda a comarca.
Despois da lectura do Testamento, queimouse unha falla que simbolizaba o libro "Fene vai de entroido", presentado a pasada semana. A orquestra Os Trovadores púxolle o ramo á festa con 2 horas e media de música de baile.