Críticas esaxeradamente boas

Críticas esaxeradamente boas
07 de Xuño, 2022 - 12:15 h. | Publicada por Radio Fene

“Debutei como actriz no 1942, xusto antes de cumprir os vinte anos, cun papel protagonista polo que recibín unha críticas que me pareceron e me parecen esaxeradamente boas”.

ESCOITA O PODCAST:
Fotografía Xan Xe Corral

O seu libro de memorias é un texto  soberbio, esixente, sumamente modesto. Fálanos das sucesivas iniciacións propias de toda vida, o reverso e o anverso das palabras e das cousas, a ambigüidade dos privilexios. A actriz, convertida en espectadora de si mesma e do mundo, escenifica unha multitude de personaxes que traducen de súpeto o ruído e a ironía, o fervor e a violencia dunha época na que todos se recoñecerán. É María Casares en “Residente privilexiada”.

 

Na imaxe Cristina Moreira no papel de María Casares na presentación do podcast celebrada en Fene o 21 de maio de 2022.

Cultura

Publica o teu comentario agora