ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O indiano Antonio Fernández construiu en Barallobre (Fene A Coruña) a orixinal "Casa da Maleta", un edificio único e irrepetible coroado pola figura dun emigrante cunha maleta e que porta na súa man un facho, símbolo de cultura, educación e progreso. Outro emigrante, Arxentino da Rocha Alemparte creou tamén na súa localidade natal de Xunqueira de Ambia en Ourense un gabinete das marabillas. A peripecia relátase nun libro (
Ernest Hemingway dixo do galego universal Arxentino da Rocha Alemparte (Xunqueira de Ambía, 1886-Camagüey, 1959) que «de non ser galego, só sería crible como personaxe literario». Xeneroso filántropo, como tantos outros indianos, o proxecto persoal para el máis querido foi o seu museo de Xunqueira de Ambía, coñecido informalmente como O Gabinete das Marabillas de Arxentino da Rocha Alemparte polas súas indiscutibles similitudes coas renacentistas coleccións de curiosidades xerme dos museos actuais.