ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Juventino Trigo deixa a alcaldía de Fene esta semana. Presentou a súa renuncia esta mañá, tal como anunciara. O pleno tomará coñecemento dela o venres e unha semana máis tarde, o día 16, decidirá quen o sucede na alcaldía. Con toda probabilidade, será, por primeira vez na historia de Fene, unha muller, Sandra Permui.
Ás doce e vintecinco da mañá presentou o escrito de renuncia o alcalde Juventino Trigo. No documento, escrito a man e presentado fisicamente no Rexistro municipal, Juventino Trigo renuncia ao cargo de alcalde para o que foi elixido 17 de xuño de 2023 e tamén á súa acta de concelleiro. Fixo o trámite logo de manter unha xuntanza cos voceiros dos grupos políticos do Concello de Fene cos que se acordou que a renuncia formalizarase nun pleno extraordinario este venres, ás 10 da mañá. A partir dese momento asume a alcaldía en funcións a primeira tenente de alcalde, Sandra Permui, que optará a ser elixida nova alcaldesa de Fene unha semana despois, o día 16, noutra sesión plenaria da corporación municipal. Esta celebrarase ás seis da tarde.
Saber irse
Nestes últimos días no cargo, Juventino Trigo segue pechando asuntos, para que a maquina da administración non deixe de funcionar. E recoñece estar “desbordado” polos centos de mensaxes e chamadas de apoio e felicitación recibidos nestes días. “Na política, como na vida, hai que saber vir e hai que saber irse” di o aínda alcalde de Fene.
Publica o teu comentario agora