Creación na cociña

Creación na cociña
11 de Marzo, 2026 - 08:00 h. | Publicada por Radio Fene

Preparativos dunha nova cita gastronómica en Fene. O Concello traballa na organización do XVI Concurso de Tapas de Fene do que deu detalles a concelleira de Promoción Económica, Ángeles Coira en Radio Fene.

ESCOITA O PODCAST:

Quedan poucos días para que os establecementos de hostalería inscriban as súas propostas para participar nesta edición do Concurso de Tapas de Fene. O bo facer e a creatividade nos fogóns ten premio e a concelleira animou aos hostaleiros a demostrar as súas dotes na cociña. O prazo para presentar as propostas remata o venres día 13 de marzo. Os clientes poderemos saborear as tapas que opten aos premios do Concurso durante dúas fins de semana do mes de abril. O prezo das tapas será de 2,50 euros. O concurso será do 10 ao 19 de abril. O certame contará con premios do xurado e da votación popular e no Concurso está dotado con atractivos agasallos tanto para os profesionais como para a clientela. Moitas firmas colaboran co Concello cos premios que se entregarán aos gañadores do certame. 

Institucional

Publica o teu comentario agora