ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O II Obradoiro de Poesia de Culleredo que dirixe o poeta e editor, Miguel Anxo Fernan Vello, chega hoxe á súa terceira xornada. O taller esta a constituir un autentico éxito de contidos e de participación, xa que perto de 40 alumnos/as do concello e o seu entorno estan participan no mesmo dun xeito moi intenso e participativo. Esta actividade vén precedida pola calidade da edicion do ano pasado que culminou coa edición pola Concelleria de Cultura e a Editorial Espir
Procurar a novidade e a orixinalidade, a implantación dun taller tematico, no cal a creación poetica ocupará un lugar central no traballo dos participantes son os principais fins na presente Edición do Obradoiro de Poesia. Sen deixar de lado aspectos teóricos e discursivos, o taller establécese como "lugar de escrita", como ámbito de exploración e fixación práctica e material do poema. A partir de liñas e propostas de acción concretas, os participantes elaboraran diferentes textos poéticos, primando en todo momento a aprendizaxe e a máxima esixencia formal no que se prefigura como un "laboratorio vivo de Poesia".