ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Un lugar no que socializar e crear redes de apoio. Con ese obxectivo funciona en Fene o Centro Sociocomunitario da Xunta. Contounos como funciona e as actividades que ofrece este Centro, situado no número 3 da rúa do Castro, a nova directora, Paula Vázquez.

Traballan para construír comunidade. O Centro Sociocomunitario ofrece actividades e servizos a cidadáns maiores de 16 anos. Sexan maiores ou novos, de Fene ou de calquera outro punto de Galicia, poden inscribirse nas súas actividades ou facer uso de servizos como biblioteca, cafetería e punto de lectura. Tamén facer ioga, pilates ou ximnasia. A programación especialmente deseñada para maiores ofrece actividades de desenvolvemento mental, para traballar a memoria ou coller habilidades no manexo do móbil e o ordenador. E o máis novidoso da programación son as actividades de ámbito emocional. Organizan unhas xornadas de benestar, a partir deste trimestre ofrecerán unhas sesións de relaxación e queren montar un grupiño de apoio mutuo para momentos difíciles da vida, porque hai moitas persoas maiores e cómpre ter un espazo onde poder expresarse”, anunciou en Radio Fene Paula Vázquez.
Publica o teu comentario agora