ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Un home asesinou á súa parella esta tarde en Becerreá. Despois de cometer o crime, confesou e entregouse á Garda Civil xuntamente co tenente de alcalde da localidade, con quen acudía frecuentemente de caza. Non había denuncias previas contra o agresor.
Unha muller de 40 anos de idade, Ana Gómez Nieto, morreu arredor das seis da tarde deste xoves en Becerreá presuntamente a mans do seu compañeiro sentimental, que foi detido pola Garda Civil momentos despois do suceso.A arma utilizada foi unha escopeta de caza, coa que supostamente o home realizou un só disparo. Nestes momentos, está a procederse ao levantamento do cadáver na casa onde sucederon os feitos, na parroquia de Tortes, situada na estrada entre Becerreá e Sarria.A vítima é natural de Pedrafita e deixa dous fillos froito dunha anterior relación. Ao parecer, ambos terían presenciado o crime. O home, José Manuel Carballo Neira, de 29 anos e orixinario de Navia de Suarna, xa está custodiado pola Garda Civil no cuartel de Becerreá.