Crimes e segredos

Crimes e segredos
30 de Decembro, 2022 - 12:20 h. | Publicada por Radio Fene

A psiquiatra de Pedro Souto Varela decide deixar de tratalo. Agora xa é un amigo, mais que un paciente. Os cinco capítulos de Lobos Doentes que Radio Fene emitirá este venres desvelan novos crimes e segredos.

ESCOITA O PODCAST:

Helena Salcedo no só receita antidepresivos, tamén sabe o que é asasinar. Comparte o seu segredo co policía Sánchez Pereiro quen nos capítulos 26, 27, 28, 29 e 30 que se poderán escoitar a partires das doce da mañá, entérase de dous sorprendentes segredos relacionados coa vida persoal de Pedro Souto Varela e atopa morta á muller de Gustavo Gallego. Lobos doentes é unha adaptación da novela do mesmo nome de Antonio Tizón dirixida por Eugenia Sanmartín e producida por Son Radiofusión.

 

Fotografía Xan Xe.

Na imaxe, Óscar Gáez, intérprete de Pedro Souto Varela.

Cultura

Publica o teu comentario agora