ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Os niveis de trihalometanos na auga da traída, seguen a estar por riba do permitido, segundo as últimas analises coñecidas. . O alcalde de Ferrol Jorge Suárez reclama unha maior colaboración da Xunta de Galicia para activar un plan de medios materiais e humanos que permita ubicar camións cisterna en distintos puntos da cidade.
As últimas analíticas, coñecidas polo Concello de Ferrol á primeira hora da tarde deste venres, reflicten un descenso nos niveis de trihalometanos, pero estes seguen sendo elevados nalgúns nós da rede de subministración. Así, fontes municipais da urbe naval concretan que nos puntos de entrega a Narón e Fene chégase a 98 e 96 microgramos por litro, respectivamente.
Mentres, no barrio de Ultramar alcánzanse 106 microgramos por litro, 114 en Recimil, 104 en San Felipe e 102 en Caranza, polo que en todas esas áreas supérase aínda o límite permitido legalmente de 100 microgramos. A ligazón co complexo acuático de Ou Castro, en Mugardos, queda en 102 microgramos e o tamén mugardés da fonte de Peteiro en 76.