Crise de resultado

Crise de resultado
15 de Novembro, 2023 - 12:01 h. | Publicada por Radio Fene

“Temos moita dependencia de Lorena e preocúpame, os equipos fanlle marcaxes férreos porque xa a coñecen”. Reflexión do adestrador do Maniños feminino, Juanjo Iñiguez, Cebolo. Numerosas vitorias a domicilio na novena xornada do primeiro grupo da Segunda Galicia. Sucedeu tamén no Pote. Maniños 2-3 Brexo Lema. 

ESCOITA O PODCAST:

“Estamos sufrindo unha crise de resultado, de xogo non é”, declarou a Radio Fene o técnico de Maniños.  “Xogaron ben, pero non acompaña o resultado” engade a delegada, Ángela Seoane, “a pena é esa que non se materializan os goles”. Fixéronse cos tres puntos as de Cambre que se adiantaron no minuto 13. Pouco despois empataba Lorena e ao pouco de comezar a segunda parte marcaba Cris de penalti. Dous goles nos minutos 60 e 71 déronlle á vitoria ao Brexo Lema. 

 

Deportes

Publica o teu comentario agora