A crise económica a debate

A crise económica a debate

24 de Abril, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

As medidas para sair da crise económica, as liñas da reforma laboral e a anulación do decreto eólico foron algunhas das cuestións postas en riba da mesa no debate organizado polo xornal Terra Chá.Xa e o Instituto de Estudios Chairegos en Vilalba (Lugo). As intervencións de Fernando Blanco (BNG) Olga Iglesias (PP) e Margarita Pérez (PSOE) poderán escoitarse de novo ás 18 horas de hoxe en Radiofusión, a rede de emisoras municipais ga

O debate celebrouse na tarde noite de onte no salón de actos do Centro Cultural e Recreativo de Vilalba diante de numeroso público. Terra Chá.Xa e Radiofusión confirmaron a súa vontade de continuar organizando este tipo de programas radiofónicos con público, intentando achegar o contraste de opinións á cidadanía.

Sociedade