ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
A Marcha Mundial das Mulleres fai un chamamento á cidadanía nesta época de crise, e a todas as organizacións sociais para unir forzas, lembrando que nestes tempos o feminismo é máis necesario. A MMM organiza concentracións en todas as cidades, arredor do 8 de marzo. Este ano a crise protagoniza a reflexión do día.
A saída da crise ten que facerse, reivindicarse, e articularse tendo en conta as mulleres, e con visión e perspectiva de xénero. O camiño para saír da crise está na asunción dos valores feministas de igualdade, corresponsabilidade e paridade se cremos que é posíbel construír outro mundo a partir dun modelo autenticamente alternativo.Así opinan dende a MMM, engadindo que os momentos de crise económica historicamente serviron para reforzar o patriarcado. Os recortes sociais, económicos e nosdereitos laborais sempre van acompañados dos recortes nos dereitos das mulleres e paralelamente dos ideais de xustiza eigualdade.
É por isto que nestes tempos o feminismo ten que combinaresforzos co resto das organizacións sociais, políticas, sindicais,ecoloxistas, relixiosas, veciñais e culturais... e estas co feminismo, para parar o desmantelamento dos dereitos de cidadanía dasmulleres e frear os recortes sociais e laborais que limitan as nosasvidas e as das xeracións futuras.
A Marcha Mundial das Mulleres convida a participar nos actos programados en Vigo, Pontevedra, Ferrol, Santiago e Ourense poloDía Internacional das Mulleres baixo o lema:
"IGUALDADE, CORRESPONSABILIDADE E PARIDADEVALORES PARA OUTRO MUNDO POSÍBEL"
Convocatorias da Marcha Mundial das Mulleres para este Marzo na Galiza:
Compostela
Obradoiro Día Internacional das Mulleres con "Teatro da Oprimida"
Venres 11 de marzo (16:30h. a 20:00h.)
Sábado 12 de marzo (16:30h. a 14:00h. e de 16:30h. a 20:00h.)
Gentalha do Pichel. Compostela.
Ferrolterra
6 marzo, domingo ás 12:30h
Concentración no Cantón de Molíns (Ferrol)
Ourense
18 marzo, venres ás 20:00h
Acto na Praza Saco e Arce, Zona Histórica
Pontevedra
8 marzo, martes ás 20:30h
Festa na Praza 8 de Marzo
Vigo
8 de marzo, martes ás 20:00h
Manifestación lúdico-festiva dende a Praza de Portugal.