A crise levou a máis usuarios á Cociña Económica de Ferrol no 2009

A crise levou a máis usuarios á Cociña Económica de Ferrol no 2009

05 de Maio, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A crise económica provocou un aumento sustancial no número de usuarios da Cociña Económica de Ferrol no ano 2009, derivados sobre todo dende os SS SS do concello. O numero chegou casi a duplicarse, pasando de 35.171 racións no 2008 a 52.680 no 2009. Na memoria, que ven de publicar a entidade benéfica, cífranse en 200 as racións repartidas a diario o ano pasado, polo que houbo que reforzar a plantilla e as instalacións.

A Cociña económica véuse obrigada a incrementar o sevicio que presta ao Concello en forma de racións para consumo en domicilio. Por iso o 2009 foi para a cociña económica ferrolá o da renegociación da aportación municipal, asinando un convenio por dous anos, que  incrementou a subvención ata os 70.000 € anuais. A primeiros de ano o Concello satisfixo a débeda coa institución correspondente ao 2008. Tamén se incrementaron os donativos dos socios e particulares nun 24%. Outro logro a destacar é o aumento de donativos en especie por parte de empresas e colectivos.

Todo isto levóu a pechar o 2009, a pesar de ser o máis conflictivo, cun superávit cercano aos 40.000 €. Os ingresos da Cociña Económica foron no 2009, de 330. 534 € e os gastos ascenderon a 235.628 €. Os obxectivos actuais pasan para a Cociña Económica de Ferrol, pola ampliación de horarios no servicio de comedor e pola adquisición dunha nova cámara conxeladora valorada en perto de 20.000 euros. Conclue a memoria da Cociña, afirmando que non baixan a garda á vista da situación económica na comarca de Ferrol.

Sociedade