Cristina Rosenvinge presenta mañá en Ferrol o seu último disco

Cristina Rosenvinge presenta mañá en Ferrol o seu último disco

22 de Maio, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A cantautora hispano-danesa ofrecerá no Teatro Jofre (20:30 h) un dos dous concertos previstos en Galicia, dentro da súa xira de presentación de “Tu labio superior”.

En “Tu labio superior”, Cristina Rosenvinge volve ás estructuras pop dos seus discos dos 90 “pero sen prescindir da complexidade e madurez da súa triloxía anterior”, formada polos álbumes “Frozen Pool”, “Foreing land” e “Continental 62”.

“Tu labio superior” é o primeiro disco da cantante interpretado íntegramente en español e, para moitos dos seus admiradores, é o mellor da súa carreira.

As entradas para asistir ao concerto de Cristina Rosenvinge en Ferrol están á venda na taquilla do teatro e en internet, na páxina web do Concello, ao prezo de 15, 12 e 6 euros, en función da localización das butacas escollidas.

Sociedade