Croquetas, hamburguesa e tarta de queixo

Croquetas, hamburguesa e tarta de queixo
21 de Marzo, 2023 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

Logo de traballar un tempo fóra da casa, Jorge López tiña a ilusión de emprender na súa zona. “Estou aquí cociñando dende outubro de 2015”, explica o propietario do mesón O Aturuxo en Fene onde se mestura a tradición de sempre cunha volta máis orixinal.

 

ESCOITA O PODCAST:

No Aturuxo prepáranse pratos simples con moito agarimo. Algo que está a agradecer a súa clientela xa que repite a visita entre unha e dúas veces á semana. A lasaña de vieiras e queixo de tetilla está a ter moito éxito. Tamén a hamburguesa de picaña. “Picamos nós a carne cunha salsa tártara caseira, cebola acaramelada e pan de Perlío”, afirma Jorge López. A gran variedade de croquetas caseiras son outra das especialidades do Aturuxo. Hainas de boletus, queixo azul, xamón e centolo. Os postres son de elaboración propia. Destaca a tarta de queixo que leva unha base de galleta, unha capa de doce de leite e logo queixo, nata, ovos e azucre, sen nada de fariña, polo que queda moi cremosiña e suave. “Aquí, no Aturuxo hai que tomar croquetas de xamón, hamburguesa e tarta de queixo”, recomenda o seu propietario. Tamén teñen comida para levar. Abren tódolos días, agás os mércores. 

Na imaxe, Jorge López, propietario do mesón O Aturuxo.

Fotografía: Xarda.

 

Sociedade

Publica o teu comentario agora