Crucemos os dedos

Maniños 0 – Sporting Sada 0
13 de Maio, 2019 - 01:02 h. | Publicada por Radio Fene

Terá que ser un milagre, gañar e que perdan o Orillamar e O Val. Esa é a situación ideal na última xornada para o Cultural Maniños.

ESCOITA O PODCAST:

Partido de Liga da Primeira Galicia de Fútbol que rematou con empate sen goles no campo do Pote. Iso significa que xa non lle chega ao Maniños con gañar o último encontro de liga para salvarse, senón que depende doutros resultados. Falamos co adestrador do Maniños, Pablo Mesa, quen despois do partido de onte quedou con sensacións negativas. Como ocurríu en toda a temporada, o equipo de Mesa tivo moitas ocasións pero non foron capaces de definir para gañar a un equipo que non se xogaba nada.

A semana de traballo do Maniños non foi boa, segundo o técnico, e iso notouse no partido que, segundo as súas palabras, foi un dos peores dos 15 últimos. “A tempada é o que é. O primeiro responsible son eu” afirma Pablo Mesa quen acto seguido xa se pon a falar do entrenamento desta semana na que o primeiro paso ten que ser recuperar o ánimo dos xogadores.

Próxima xornada.

Último partido da Liga da Primeira Galicia. Brexo Lema – Maniños. Para lograr a permanencia na categoría, o Maniños debe gañar e esperar a que perdan o Orillamar e O Val. O Orillamar recibe ao Carral e O Val recibe ao Narón.

Deportes

Publica o teu comentario agora