Cuartos de final da Copa Ferrol

Cuartos de final da Copa Ferrol
19 de Febreiro, 2026 - 08:45 h. | Publicada por Radio Fene

O Barallobre clasificouse para os cuartos de final da Copa Ferrol. Xogará a próxima eliminatoria a partido único fronte ao Val de Narón. Tamén en cuartos enfrontaranse o Perlío e o Maniños nos Pinares, Rosalia de Vilaboa contra o Miño e Galicia de Caranza contra o Cebarca. Xogaranse o xoves 19 de marzo. 

Fotografía Xan Xe

O Barallobre pasou de eliminatoria tras derrotar 3-0 ao As Pontes en partido xogado na tarde do pasado martes no campo do Ramo. Marcaron para o equipo local Ponce (11´) Olivo (48´) e Calvo (65´).

 

Fotografía Xan Xe

Deportes

Publica o teu comentario agora