Cuberta nova para o pavillón

Cuberta nova para o pavillón
24 de Febreiro, 2022 - 01:24 h. | Publicada por Radio Fene

A Corporación de Fene contará con 12 millóns de euros no presente ano 2022. A esa cifra ascenden os orzamentos municipais que se debaterán mañá venres en sesión plenaria de carácter extraordinario. Nos presupostos incluense 700.000 euros  para distintos investimentos entre os que sobresaen o camiño entre os Carballás e a Loira, a cuberta do pavillón de San Valentín e o traslado dun bloque de nichos no cemiterio municipal.

ESCOITA O PODCAST:
Pavillón  A Xunqueira de San Valentín

Tamén recollen partidas para a adquisición de terreos dacordo co marcado no Plan Xeral de Ordenación Municipal.

Institucional

Publica o teu comentario agora