ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
A Asociación Cultural Os Cuchufellos quere celebrar o final das festas e da recollida de castañas deste ano e faino organizando o I Festival A Rebusca de Manzaneda. Será este sábado durante toda a xornada que comezará ás dez da mañá cunha ruta ata o Castiñeiro de Pumbariños, un auténtico monumento natural de máis de 12 metros de di&aa
Pola mañá, ademais de facer sendeirismo, os participantes no Festival A Rebusca poderán gozar dun pasarrúas en Chimpín a cargo de Musarapas. Despois do xantar, a tarde será tamén do máis animada e estará chea de xogos como o tiro de carro, zancos, aros, rá, virolla, porca, chavelo, bolos, billarda, turrasoga, chave, xogos de mesa (muíño e mentirán) e material para facer enredos. Igualmente, organizáronse obradoiros para os máis pequenos.
Actuará tamén o grupo de animación Gamusines e ás sete da tarde será a quenda da obra músico-teatral Patas Arriba, el mundo al revés de Éche o Que Hai e Vaiche Boa Teatro.
Despois de todo un día de actividades, haberá que repoñer forzas para toda a noite. Por iso, Os Cuchufellos prepararon un gran cea popular cun menú conformado por empanada de carne, callos con garavanzos, bica de Trives e, como non, viño da Ribeira Sacra.
A festa rematará cos concertos de Cé Orquestra Pantasma, os franceses Humanity, Arremecághona Produçions, Ulträqäns e Cuchufellos.
Programa:
10:00 SENDEIRISMO (Ruta do Castiñeiro de Pumbariños)
12:30 PASARRÚAS EN CHINPIN a cargo de Musarapas (Rúas de Manzaneda)
13:30 XANTAR Menú A Rebusca por 9 euros na Cafetería Nevada e Hostal O`Pendón
15:30 XOGOS TRADICIONAIS (Patio do Colexio)
15:30 MOSTRA DE ARTESANÍA (Polideportivo Municipal)
15:30 OBRADOIRO PARA NENOS (Taller de elaboración de instrumentos musicais, Polideportivo Municipal)
16:30 BANDA DE GAITAS DE MANZANEDA (Patio do Colexio)
17:30 GRUPO ANIMACION GAMUSINES (Polideportivo Municipal)
18:30 CÉ ORQUESTRA PANTASMA (Patio Colexio)
19:00 ÉCHE O QUE HAI E VAICHE BOA TEATRO "Patas arriba. Escuela del mundo al revés"
20:30 CEA POPULAR a base de empanada, callos, bica e viño e por 7,50 euros
22:00 CONCERTOS
Cé Orquestra Pantasma
Humanity
Arremecaghona Produçións
Ulträqäns
Cuchufellos