Cudillero, Neda e Barallobre

Ilegales e Led Zeppelin
21 de Setembro, 2022 - 11:21 h. | Publicada por Radio Fene

Un de Cudillero, outro de Neda e un de Barallobre forman The PussyphArts. Led Zeppelin e Ilegales son algúns dos seus grupos favoritos. Xunto cos Zares poñerán a música na festa do Lagostino que se vai celebrar este sábado en San Valentín. Os Zares actuarán na sesión vermú e The PussyphArts interpretarán versións de pop rock dos 80 e 90 á noitiña. 

ESCOITA O PODCAST:
Fotografía Xan Xe

“Non estamos aquí para facturar senón para pasalo ben coa música”. Ese é o afán deste grupo. Escoitamos na Fenestra a conversa con Pepe Jove e José Seúco. Xunto con Celso Tomahawk forman The PussyphArts. 

 

Fotografía: Xan Xe Corral

Cultura

Publica o teu comentario agora