A culpa do paro

A culpa do paro
05 de Outubro, 2018 - 01:38 h. | Publicada por Radio Fene

Unha empresa decide pechar as súas portas e despide aos seus 100 traballadores. De quen é a culpa? De cada un dos empregados despedidos, da situación xeral de crise ou do mal empresario que non soubo facer cadrar ingresos e gastos. Posiblemente as culpas esten repartidas, pero moitos libros de autoaxuda tenden a culpabilizar integramente do paro, á persoa desempregada. Afírmase que só cun pensamento positivo xa se pode cambiar a realidade.

ESCOITA O PODCAST:
Juan Carlos Siurana, profesor de Ética da Universidade de Valencia

Que necesitas para ser feliz?: ter unha actitude máis positiva?, quererte máis?, ordenar a túa vida?, atopar parella?, conseguir que funcione a relación coa túa familia?, educar ben aos teus fillos?, saber relacionarte coas persoas do arredor?, destacar na túa profesión?, gañar máis diñeiro?, conseguir que a túa empresa triunfe?, levar unha vida sa?, espertar o teu lado espiritual?, descubrir o teu lugar no mundo?
O profesor de Ética da Universidade de Valencia Juan Carlos Siurana presenta unha obra onde analisa varios centos de libros best sellers de autoaxuda, cos seus métodos e os seus trucos.  “Felicidad a golpe de autoayuda” desmonta os mitos de moitos volumes con ventas millonarias.

Sociedade

Publica o teu comentario agora