ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O Partido Popular insiste en culpar ao Goberno central da suba na taxa do lixo que ten en tramitación o Concello de Fene para facerlle fronte ao gran aumento no canon que cobra Sogama aos concellos. Gumersindo Galego, voceiro do Partido Popular, apunta a Madrid como responsable do custe no tratamento do lixo.
“A subida vén motivada polos impostos do Goberno que Sogama ten que repercutir”, asegura o voceiro do PP. “Desde a Fegamp puideron facer algunha xestión, presionar ao Goberno para que retire eses impostos”, di Gumersindo Galego que tamén criticou a premura coa que foi convocado o Pleno municipal. Explicou ademais a oposición do PP á recente modificación da ordenanza da plusvalía. Defende o voceiro do grupo popular que debera bonificarse a totalidade dos inmobles que se deixan en herdanza á familia. “Non hai por que gravar, é inxusto”, opina.
Apoia reclamar a Xunta investimentos no IES de Fene. “Estivemos alí todos os voceiros e apreciamos in situ as necesidades que ten o centro, con máis de corenta anos tivo pouco investimento e necesita unha remodelación importante”, declarou Galego.
Publica o teu comentario agora