Cultivando o desenvolvemento dos autistas

Cultivando o desenvolvemento dos autistas

25 de Febreiro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Eume

O Concello de As Pontesvén de asinar un convenio de prácticas coa Asociación de Pais de Persoas con Trastorno de Espectro Autista da provincia de A Coruña (ASPANAES). O texto rubricado estes días polo alcalde de As Pontes, Valentín González Formoso, e o representante de ASPANAES, Antonio de La Iglesia, ten como obxectivo mellorar a calidade de vida das persoas con trastorno de espectro autista a través de diferentes actividades a desenvolver conxuntame

Deste xeito, foméntase un estilo de vida o máis independente posible para as persoas aqueixadas de TEA; que éstas adquiran hábitos e destrezas que contribúan ao seu benestar físico e social e fomentar a aprendizaxe de habilidades relevantes para o desenvolvemento dun posto de traballo, favorecendo, deste xeito, a súa integración laboral nun medio ordinario de traballo e incrementando as súas posibilidades á hora de lograr un emprego e de mellorar a súa calidade de vida. 

O acordo, que contará cunha vixencia dun ano prorrogable, permitirá ás persoas con TEA e que pertenzan a este entidade realizar diferentes actividades vencelladas co mundo da xardinería. O convenio recolle que os beneficiarios do mesmo participarán no cultivo e suministro de plantas, acondicionamento de terreos, plantación e demáis tarefas vencelladas ás labores diarias do módulo de xardinería incluído na segunda edición da escola taller Fontelimpa.

Sociedade