ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Quen queira coller o tren da música ainda pode facelo na escola Bellónmaceiras. A un paso do apeadeiro de Perlío, ofrécese unha ampla gama de ensinanzas musicais. Pódese aprender desde gaita, acordeón, percusión tradicional ou iniciación á gravación dixital, entre un total de 18 especialidades.

A Escola de Música BellónMaceiras de Fene, dirixida polo gaiteiro Daniel Bellón e o acordeonista Diego Maceiras, ven de comezar un novo curso académico desde a pasada semana con oferta de prazas para todas ass idades e niveis dende iniciación ata profesional. Este ano académico reviste unha relevancia moi especial, xa que a institución celebra o seu 15º aniversario. Con motivo desta , a escola desenvolverá ó longo do curso un programa extraordinario de actividades musicais e talleres, así como a súa actividade habitual de clases.A matrícula pode realizarse de xeito online na súa web (www.bellonmaceiras.com) ou de forma presencial nas súas instalacións na rúa Antonia Montero de Perlío en Fene.
Publica o teu comentario agora