Cultura e antifranquismo

Cultura e antifranquismo
21 de Xuño, 2021 - 11:56 h. | Publicada por Radio Fene

Ricardo Carvalho Calero pronunciou dúas conferencias en Perlío atendendo ao convite do Círculo Cultural e Recreativo. Falou en 1974 e 1978. Unha das charlas en Perlío foi 10 de abril de 1978. Formou parte da Mostra da Cultura Galega organizada polo Círculo de Perlío. Falou no Circulo de Perlío sobre “Lopez Ferreiro e a novela galega do século XIX”. En 1978, ademais de Carvalho Calero falaron no Circulo de Perlío,  Carlos Baliñas e Xosé Manteiga. Tamén en nome da agrupación O Facho da Coruña participaron nunha mesa redonda sobre os cursos do galego a través da prensa, Sabela Vázquez Fandiño, Xabier Alcalá e Xosé María Monterroso Devesa. En xullo dese ano actuou no círculo o grupo Fuxan os Ventos. 

ESCOITA O PODCAST:

O profesor Martinho Montero fala das dúas conferencias de Carvalho Calero en Perlío

http://173.255.131.18/audio/210621MONTERO.mp3

Suso Díaz era directivo do Círculo de Perlio en 1974

Tiña moito mérito a súa participación nas actividades do Círculo de Perlío. El xa non era un home novo e tiña unha ampla lista de actividades. Vir daquela de Santiago a Ferrol era unha estrada problemática e difícil, lembra o profesor Martinho Montero. 
Pero Carvalho xa viñera ao Círculo de Perlío a finais de abril de 1974. Daquela falou sobre “As orixes da literatura galega contemporánea”, tamén dentro dos actos conmemorativos do Dia das Letras Galegas. Falou en Perlío poucos dias despois da revolución dos cravos en Portugal. As forzas democráticas que loitaban contra ditadura vivían tempos de ilusión e de esperanza. Aínda vivía Franco. 

Temos constancia doutra intervención del no Círculo de Perlío en abril de 1974 sobre as “orixes da Literatura galega contemporánea”.  En outubro de 1974 propúxose unha conferencia de Joaquin Ruiz Gimenez. O gobernador civil prohibiu o citado acto. En novembro daquel ano veu o poeta Uxío Novoneira a recitar ao Círculo de Perlío. Aínda non pasaran dous anos dos sucesos de marzo de 1972 en Ferrol. O poeta do Caurel escribira un poema adicado a Amador Rey e Daniel Niebla. Recitouno en Perlío. Recorda Suso Diaz, daquela directivo do Círculo: Cando Uxío leu aquel poema, apagamos as luces e deixamos aceso un flexo sobre a mesa. Caeuse o local do Círculo con aplausos. Todo o mundo en pé. Foi tremendo. 
 

Cultura

Publica o teu comentario agora