Cultura e espectáculos en tempo de Nadal

Cultura e espectáculos en tempo de Nadal

05 de Decembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A compañía de teatro arxentina “Timbre 4” trae hoxe ó escenario do Teatro Jofre de Ferrol a súa montaxe “La Omisión de la Familia Coleman” unha singular, realista  e novedosa posta en escea na que o público asistente ingresará á sala atravesando o decorado da familia, creando a sensación  de estar dentro desa casa e dese mundo, dende o momento mismo da súa entrada. A obra que se representa ás oi

Dentro da programación do Teatro Jofre prevista para o presente mes inclúense un variado programa de espectáculos musicais, de danza e de teatro. No que se refire á arte escénica, o sábado día 19, a compañía valenciana “El Pont Flotant” porá en escea a obra “Como Piedras”, unha reflexión sobre o paso do tempo e dos recordos que mestura realidade e ficción e que xoga co tempo real, o da memoria e o da propia representación.
A compañía galega “Lagarta Lagarta” estará en Ferrol o sábado día 26 para amosar o seu traballo “O segredo dos Hoffman”, obra de Roberto Salgueiro baseada na novela de Alejandro Palomas, na que se narra a historia dunha familia, rota por un segredo oculto durante anos, e que se reúne por mor do falecemento da avoa Constanza.
O domingo, día 21, a compañía “Matarile Teatro” porá en escea a obra “Cerrado por aburrimiento”, da autoría de Ana Vallés, unha representación que pretende rebelarse contra o aurrimento e o previsible. O día 28 será o turno para o teatro infantil de man da  compañía “Achiperre Teatro” e a súa obra “Enrique 5º”, unha versión libre do texto teatral de William Shakespeare.

Os espectáculos musicais, que onte arrancaron con concerto do catalán Albert Plá, inclúen un concerto da banda hispano-británica “Soul Tellers”. Liderada por un músico español, Miguel Ángel Julián, o novo proxecto musical do compositor e vocalista traerá a Ferrol o formato máis reducido e minimalista do grupo, con tan só un pianista acompañando a súa voz.
O venres día 18 a orquesta folc de Vigo “Son de Seu” ofrecerá un concerto no Jofre ás oito e media da tarde.

No apartado de danza, a primeiro dos espectáculos terá lugar o xoves día 10 a cargo da compañía de Iker Gómez e a súa montaxe “La Danza del Cisne”, na que reinterpreta nun código contemporáneo ao ave máis prezada do ballet: o manido cisne. O domingo día 13 o Ballet de San Petesburgo escenificará o máis popular dos ballets do ruso Chaikovsky, “El lago de los cisnes”, con coreografía de Marius Petisa e Lev Ivanov.
A programación deste mes de Nadal rematará o martes día 29 coa posta en escea de “Flexel” a cargo da compañía “Mudances” de Angels Margarit. Unha peza interdisciplinar que traballa arredor da idea de flexibilidade, reversibilidade, transformación, reflexo…  

Cultura