ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Xornadas de cultura mariñeira na Agrupación Instrutiva de Caamouco. A entidade organiza, por segundo ano consecutivo, as xornadas Días de Mar. Co obxectivo de divulgar as tradicións mariñeiras. Este ano incluíron actividades gastronómicas durante a fin de semana, un showcooking e unha mexillonada, ademais dun recital poético-musical, que tiveron gran acollida de público, segundo explicou en Radio Fene o presidente da Agrupación de Caamouco, Daniel Garcia.
Días de Mar, previos á celebración da Festa da Cabria, inclúe tamén un programa de conferencias sobre Historia das radiocomunicacións no mar, que terá lugar este martes; As aves mariñas das rías de Ares o o Golfo Ártabro, o mércores, e A sabedoría das ribeiras pescadoras e o santuario Ártabro, o xoves. Para o venres está prevista a presentación do último número da revista “Nova Ardesía”, da Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial. Todos estes actos serán ás sete e media da tarde.
Tres exposicións sobre o mundo do mar e os traballos a el asociados completan o amplo programa que se desenvolve toda a semana. Dúas están instaladas na sede da Agrupación. “Un mar de lendas” e “Compañeiras do mar e do ceo”, esta impulsada polo CEIDA que tamén promove a exposición “Cultura oceánica”, que se pode visitar no Alboio de Areamorta, cedido para tal fin polo Concello de Ares. Todo como paso previo á celebración da Festa da Cabria, que terá lugar o sábado, día 3 a partir das 11:00 horas.
Publica o teu comentario agora