Cultura para atraer turismo

Cultura para atraer turismo
22 de Xaneiro, 2026 - 12:06 h. | Publicada por Radio Fene

Fene en FITUR. O Concello dálle promoción a Fene na Feira Internacional de Turismo poñendo o énfase na cultura e a creatividade. A alcaldesa, Sandra Permui, e o concelleiro de Cultura, Justo Ardá, viaxaron a Madrid para dar a coñecer Fene en FITUR. 

ESCOITA O PODCAST:

A aposta de Fene por un modelo turístico baseado especialmente na cultura e a música está tendo “moi boa acollida”, manifestou desde FITUR a alcaldesa, Sandra Permui. “Ofrecemos experiencias distintas aos visitantes e hai xente interesada”, dixo logo das reunións que mantivo a delegación fenesa con empresarios e axentes do sector turístico. 

O Perla Mural Fest, que convertiu a Fene nunha gran capital do muralismo internacional, o Felicia Pop, o FeneRock e o Mes da Patria son as bazas que xoga o Concello nesta edición de FITUR. 

Sandra Permui destacou, por exemplo, a gran difusión que lle deron a Fene os premios ao Mellor Mural do Mundo no Certame internacional de Street Art Cities que gañaron a Violonchelista de Fene pintada por Sfhir e o Charanguista Andino obra de Cristóbal Persona, ao que se suma a recente nominación do mural As Mouras, do artista galego Wedo Goás, realizado na última edición do festival, que foi seleccionado para competir na categoría Expert Spotlight, unha distinción de especial relevancia na que só 25 murais de todo o mundo son nomeados cada ano. 

Ademais dos seus propios reclamos, Fene tamén paticipou na presentación da Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol, baixo a marca do xeodestino Ferrolterra, que tamén acudiu coa proposta *Ferrolterra Máxica: tradición e natureza para todas as persoas viaxeiras*. Un espazo no que se puxo en valor a diversidade do territorio.

Institucional

Publica o teu comentario agora