ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Medir a actividade física é útil, se somos deportistas ou queremos instaurar hábitos de vida saudables. Eses rexistros poden resultar interesantes. Pero non o é estar permanentemente consultando eses rexistros nos reloxos intelixentes ou nas apps instaladas no móbil. Así o indicaba esta mañá en Radio Fene o psicólogo e preparador deportivo José Barcia.
“A tecnoloxía axuda, pero sempre na súa xusta medida”, advirte o psicólogo. Se queremos aproveitar o verán para comezar facer exercicio, Barcia recomenda primeiro ser consciente de como estamos e a partir de aí planificar, tendo en conta tamén detalles como o calzado ou as prendas que levamos. “Parecen temas menores, pero non o son”, avisa.”Se a experiencia non é agradábel é mais fácil que abandonemos, se sabemos que nos custa, busquemos un gancho”, recomenda. Tamén poñernos obxectivos e cada vez que cumpramos reforzarnos. Sen esquecer que na nosa vida cotiá tamén cómpre facer actividade física, por exemplo substituíndo o ascensor polo uso das escaleiras ou camiñar para ir facer a compra.
Publica o teu comentario agora