Curar a toda a xente

Curar a toda a xente
03 de Xuño, 2025 - 12:30 h. | Publicada por Radiofusión

Unha gran película, moi recomendable pode verse nos Cines Dúplex de Ferrol. “Antes de nós” amósanos o Castelao médico en Rianxo na gripe de 1918, pai agarimoso e defensor dos hórreos como exemplo do patrimonio galego. 

Fotografia Marcos Pereiro

En “Antes de nós”, Angeles Huerta propón unha narración que transita entre o documental e o poético. Conviven varios personaxes, o médico e o pai. Crúzase o retrato histórico coa biografía persoal. A viaxe a Bretaña une a Castelao coa súa muller Virxinia. A parella vai a Bretaña despois da perda do seu único fillo. O guión é obra de Pepe Coira. Grandes actuacións de Xoan Fórneas como Castelao, Cris Iglesias como Virxinia Pereira e Toño Casais como garda civil.  A música é de Sofia Oriana Infante e a fotografía de Lucia C.Pan. Vai levar moitos premios. 

 

Fotografía Marcos Pereiro

Cultura

Publica o teu comentario agora