Curso de atención a persoas dependentes para mulleres desempregadas

Curso de atención a persoas dependentes para mulleres desempregadas

10 de Novembro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Ordes

O Concello de Ordes puxo en marcha un curso de atención a persoas dependentes, dirixido a mulleres desempregadas, promovido a través do Centro de Información á Muller e que está financiado pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia. Son un total de 18 mulleres ordenses as que participan nesta iniciativa, cuxas clases teñen lugar de luns a sábados de 8 a 15 horas nas instalacións da antiga escola.

O curso confórmase de clases teóricas e tamén prácticas nas que as alumnas aprenden cuestións relativas ao coidado de persoas con algún tipo de dependencia. O curso rematará o próximo sábado 13 de novembro. 

Dende o CIM de Ordes, así como dende o departamento de Servizos Sociais e Terceira Idade, que dirixe o edil José Manuel Tobío, mostraron a súa satisfacción por poder contar con este curso, que como explicaron, servirá como unha ferramenta formativa máis para as alumnas á hora de buscar un traballo no futuro, tendo en conta ademais que se trata dun colectivo tan afectado polo desemprego como é o das mulleres.

Sociedade