ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O Concello de Ordes, a través do departamento de Educación, Mocidade e Discapacidade, que dirixe a concelleira Silvia Marín, puxo en marcha un curso de graduado en ESO para adultos. As clases diríxense a maiores de 18 anos, no que participan nesta edición 38 ordenses, e co que se pretende dar a posibilidade de conseguir o título de graduado en ESO a persoas que por istintos motivos non o obtiveran no seu día.
Con esta iniciativa, o Concello de Ordes tamén pretende dar unha ferramenta máis a todas aquelas persoas para as que conseguir esta titulación poida supoñer unha facilidade á hora de encontrar un traballo, tendo en conta ademais o momento de crise que vive o país.
As clases deron comenzo na Casa da Cultura de Ordes, unhas clases que se prolongarán ata o mes de xuño para os que consigan o título nesa convocatoria de exames, ou en setembro para os que necesiten a segunda convocatoria, en horario de luns a venres de 19:30 a 22 horas.
No acto de presentación do curso, a concelleira Silvia Marín, tivo palabras de ánimo para todos os participantes, insistíndolles na importancia de obter unha titulación dado o momento no que vivimos.
Non é a primeira vez que se realiza este curso no municipio que sempre contou cun gran éxito de aprobados. Así, na edición do ano pasado foron máis do 90% dos alumnos e alumnas participantes os que conseguiron o título.