ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O Concello de Ordes deu por finalizados os dous cursos de perfeccionamento en informática que se celebraron no municipio durante os meses de novembro, decembro e xaneiro. Así o mestre do curso facía entrega aos participantes dos diplomas acreditativos do mesmo.
Dende o goberno local, o edil de Cultura e Deportes José Ramón Vázquez Raña, amosou a súa satisfacción polo bo resultado destes cursos así como esperou que a próxima convocatoria teña o mesmo éxito.
Estes cursos formaron parte das actividades enmarcadas dentro do Circuito Cultural e Deportivo que puxo en marcha a Concellería de Cultura e Deporte do Concello de Ordes durante o trimestre pasado. Un circuito que terá unha segunda convocatoria durante os meses de febreiro, marzo e abril para os que está previsto que dean comenzo as clases o vindeiro luns 7 de febreiro. Nesta ocasión celebraranse outros dous cursos de perfeccionamento a Windows XP e un de iniciación.
Ademais o departamento de Cultura e Deporte mantén aberto o prazo para inscribirse nos cursos de photoshop, no de iniciación a internet e correo electrónico, e no de perfeccionamento de Windows XP nivel 2, que están previstos para o mes de marzo.