Cursos de Windows XP e de iniciación a Internet

Cursos de Windows XP e de iniciación a Internet

02 de Marzo, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Ordes

O Concello de Ordes deu comenzo xa ás actividades incluidas no novo circuito de actividades culturais e deportivas dirixidas a todos os veciños e veciñas do municipio. Concretamente, ademais das novidades, deuse tamén continuidade a algúns dos obradoiros que comenzaran xa no primeiro trimestre deste ano dada a boa acollida e a continua asistencia dos participantes. Trátase dos cursos de pandeireta, gaita, tiro con arco, pilates e dous cursos de perfeccionamento de W

Por outra parte esta nova edición do circuito cultural conta con tres novidades correspondentes a tres cursos de informática. O primeiro deles daba comenzo esta semana, e nel participan 12 persoas que reciben clases de iniciación a Windows XP. O curso terminará o próximo 24 de marzo e ten lugar os luns e mércores de 18 a 20 horas.  Ademais deste mesmo curso farase un segundo grupo intensivo que dará comenzo as clases o próximo venres, prolongándose todos os venres deste mes ata o día 30 de marzo. O horario será de 18 a 21 horas na aula de informática. Do 6 de abril ao 6 de maio tocaralle o turno a un obradoiro de iniciación a internet, que terá lugar os martes e xoves de 17 a 19 horas, e por último, tamén do 6 de abril ao 6 de maio celebrarase un curso de iniciación a Excel os martes e xoves de 19 a 21 horas.

Tal e como explicou o concelleiro de Cultura e Deporte de Ordes, José Ramón Vázquez Raña, “con esta iniciativa pretendemos que as actividades culturais non sexan única e exclusivamente actos ou eventos puntuais vencellados a momentos significativos como pode ser o Nadal ou o Entroido, senón que os veciños e veciñas de Ordes poidan disfrutar de actividades culturais ao longo de todo o ano, á vez de recibir formación en diferentes materias”. Para máis información acerca destes obradoiros, os interesados poden acudir ao departamento de Cultura e Deporte do Concello de Ordes ou chamando ao 981680002.

Cultura