ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
A praia de Cesantes é o corazón do traballo realizado polo Salitre Club Deportivo de Redondela. De aí parte cada deporte que ensinan e practican. As persoas empregadas son xente da zona vinculada de toda a vida ao mar. O mar é calma, ocio e unha forma de vivir, destaca Elena Portela, directora do proxecto ‘Alternativa Cultural e de ocio sostible na enseada’ en Onda ODS.
“Impartimos cursos específicos para mulleres. En tódolos cursos o que facemos é que nunha primeira fase reservamos a metade das clases para mulleres e, se finalmente non se enchen, abrimos ao resto do público. Sempre intentamos que haxa un mínimo de prazas para mulleres. A maiores diso o que si que facemos son cursos específicos para mulleres impartidos por monitoras. Temos ese lastre que parece que nos custa dar ese primeiro paso pero unha vez que o damos, hai moitas mulleres que nos enganchamos ao deporte náutico porque é moi gratificante”, engade Elena Portela no espazo Onda ODS de Radiofusión.
Publica o teu comentario agora