Curtamentraxes made in Ferrol

Curtamentraxes made in Ferrol

26 de Outubro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

As salas Dúplex, situadas no barrio de Esteiro, acollen esta noite a segunda xornada das tres que inclúe a programación de “Outono de Cine”, organizado pola Concellería de Cultura do Concello de Ferrol. Se o mércores da semana pasada o ciclo estivo dedicado ás curtametraxes galegas, hoxe tócalle a quenda a curtas feitas por autores ferroláns.

En total proxectaránse cinco curtametraxes en Versión Orixinal Subtitulada (V.O.S), comezando ás 20:30 horas nunha sesión de entrada de balde para o público. O menú cinéfilo desta xornada está composto polos seguintes títulos: “1977”, de Peque Varela; “La Valiente”, de Isabel Ayguavives; “This is Michael Chanan”, de Pablo Portero e Fernando Lema; “La princesa alegría”, de Rubén Coca e Daniel Utrilla, e “As Muxicas”, de Carlos Alberto Alonso.

 O ciclo “Outono de Cine” terá novas citas todos os mércores de novembro ás 20:30 horas. Así, o vindeiro mes proxectaranse nos Dúplex cinco longametraxes de cineastas galegos noutras tanta sesións, todas elas de entrada gratuíta.

Sociedade