ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O Museo do Humor Xaquín Marín ten convocados xa os seus galardóns. O Demo Pequeno e os Curuxa. Deunos máis detalles Almudena Marcos, responsable do Museo, que aproveitou o paso por Radio Fene para dedicar un recordo agarimoso a Xaquín Marín trala perda da súa muller, Manoli.
Os Curuxa do Humor, con 29 anos de traxectoria, son os premios máis veteranos que convoca o Museo do Humor de Fene que xa vai pola terceira edición na convocatoria dos premios do concurso de banda deseñada de humor Demo Pequeno en colaboración con Demo Editorial.
O Concurso de Humor Gráfico “Curuxa do Humor” ten unha novidade nas súas bases referida ao uso da Intelixencia Artificial. “As obras teñen que ser creadas directamente polos autores, quedan excluídas as creadas con axuda de Intelixencia Artificial”, informou Almudena Marcos.
Sobre os Demo Pequeno, destacou a responsable do Museo do Humor Xaquín Marín que este ano premiarase “unha banda deseñada en tono humorístico que estea ambientada nunha biblioteca”.
Publica o teu comentario agora