ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Dálle Zapatilla: Facemos algo diferente? Somos afeccionados e queremos correr. Así que aquí estamos, organizándoo todo. Creamos xornadas con coches, bo ambiente, adrenalina e risas aseguradas. Todo nun ambiente deportivo e con coches para todos os gustos e petos. Anunciase así un evento deportivo que vai consolidándose. Un grupo de rapaces de Fene participan nesta carreira de resistencia que gaña o que dea máis voltas ao circuíto nun tempo de seis horas. Retransmítese por youtube e por twich e na primeira proba deste ano seguiron a proba 300.000 persoas.

Son afeccionados ao motor. Gústanlle as carreiras e os coches. Únelles unha paixón. Rocío Malpica xa fora con anterioridade ao circuíto de Braga, pero entre eles non se coñecían antes de formar o equipo. Participan Adrián Brage de 20 anos, Andrés Cajide de 21, Sergio López de 20 e Rocío Malpica de 27. Gañaron na última carreira o premio ao equipo tan xove. Que a xente de Fene coñeza que hai un grupo de rapaces que participan nun proxecto tan bonito. Ofrecen aos comercios que se queiran asociar, mencións no seu Instagram con 1.500 seguidores, e unha pegatina no coche que se verá nas 300.000 visualizacións de cada carreira. Colaboran xa con eles Viva la Pepa, Autolife neumáticos, Panadería El Cruce, Mecanizados Risco, Lion´s detailing cars, R de Racing e Desguaces Vilavella. Son @ghas_donkeygarage. Corren cun Opel Astra e xa se preparan para a próxima carreira o 22 de maio no circuíto de Choqueiro en Ourense.
Publica o teu comentario agora