ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
“Aínda non homenaxeamos como se debe á emigración. Galicia débelle todo á emigración”, asegura Modesto Fraga no clube de lectura de Radiofusión dende o hotel Bela Fisterra. Falamos co autor de ‘Ramón Marcote. Obra en prosa. Volume 1'. Aquí podes escoitar a conversa completa.
‘Colón Pontevedrés’ (1920) e ‘Contra España, no’ (1928), dúas obras que Marcote publicou en vida, ademais dos artigos que ao longo de varias décadas foi dando á luz en xornais e revistas da colectividade emigrante, son os textos recuperados para a realización desta obra de Modesto Fraga. “Todo o carácter simbólico e identitario nace na emigración. A prensa galega empeza en Cuba, na emigración entónase o himno galego por primeira vez… Todo nace na emigración. Ata a foto máis emblemática de Galicia é da emigración. Refírome foto famosa de dous fisterráns despedindo á súa nai que marcha para Arxentina. Os galegos temos unha débeda histórica coa emigración”, explícalle Fraga a Pepe Formoso, Henrique Sanfíz e Antonio Tizón.
Na imaxe, Pepe Formoso e Modesto Fraga no clube de lectura de Radiofusión dende o hotel Bela Fisterra.
Publica o teu comentario agora