ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Hoxe conmemórase o Día Internacional do Comercio Xusto. Unha data marcada este ano pola crise financeira, o cambio climático e a pobreza. As ONGDs queren reivindicar un mundo e unhas relacións comerciais máis xustas cos países produtores do sur e por iso organizaron actos nas sete cidades galegas.
“Estoura un novo Big Bang en sete cidades galegas. Peta contra a pobreza, a crise financeira e o cambio climático”, baixo este lema A Cova da Terra, Amigos da Terra, Axuda en Acción, Intermón Oxfam, Panxea, Solidariedade Internacional de Galicia e Taller de Solidariedade, organizacións integrantes da Comisión de Comercio Xusto da Coordinadora Galega de ONGDs, celebran hoxe o Día Internacional do Comercio Xusto nas sete cidades galegas.
Ferrol sumouse a esta cita e mañá domingo, grazas ó traballo de Solidariedade Internacional e Axuda en Acción, poderemos mercar no Cantón de Molíns produtos de comercio xusto; tamén gozar de exposicións; dos talleres de reciclaxe, globoflexia e pintura de caras para nenos e nenas; de contacontos; e da degustación de produtos de comercio xusto elaborados pola Escola Superior de Hostalería.