Dúas mortes

Dúas mortes
03 de Febreiro, 2023 - 12:20 h. | Publicada por Radio Fene

Ricardo Gallego non pode controlar as súas ansias de matar ao asasino da súa cuñada mentres a vinganza invade ao policía Pereiro tras atopar o cadáver do seu xefe no ámbito privado.

ESCOITA O PODCAST:

Os cinco capítulos de Lobos doentes que Radiofusión emite este venres desvelan dous novos crimes. Ricardo, o irmá de Gustavo Gallego, que recibe a alta hospitalaria logo dun mes na unidade de psiquiatría, é o autor da morte de Francisco Sáenz pero pouco se sabe do inesperado asasinato de Pedro Souto Varela. Lobos doentes é unha adaptación da novela do mesmo nome de Antonio Tizón dirixida por Eugenia Sanmartín e producida por Son Radiofusión.

Na imaxe, Antonio Tizón, intérprete de Gustavo Gallego.

Fotografía Xan Xe.

Cultura

Publica o teu comentario agora