As dúas viaxes de Xaquín Marín comezan este venres

As dúas viaxes de Xaquín Marín comezan este venres

19 de Abril, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Xaquín Marín vístese de longo e presenta este venres en Santiago de Compostela o libro “As dúas viaxes”. Trátase dunha banda deseñada que recolle unha edición realizada en 1974, conxuntamente con Raimundo Patiño. Tamén se inclue unha versión anterior a esa data do primeiro comic realizado polo debuxante.

O libro ponse á venda o 23 de abril, Dia Internacional do Libro. Fausto Isorna e Xaquín Marín intervirán na presentación do volume o venres dia 23 ás oito da tarde na librería Couceiro, da Praza de Cervantes de Santiago de Compostela.

 

 

Sociedade