Dúas vitorias

Dúas vitorias
14 de Xaneiro, 2026 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Bo comazo de ano para o Perlío feminino. Nestas dúas semanas logrou salvar a eliminatoria da Copa vencendo ao Cariño no seu campo e tamén lle gañou o domingo, nos Pinares, ao Val B na competición ligueira. Conchi López, delegada do Perlío explicou como foron os dous partidos. 

ESCOITA O PODCAST:

O Perlío feminino pasou a semifinales da Copa cunha vitoria 0-2 a domicilio sobre o Cariño. E retomou a competición na Terceira División Galega o domingo con outra vitoria nos Pinares. Perlio 2-1 O Val B. “Non foi o mellor partido que xogamos pero emoción houbo”, explicou Conchi López. O primeiro tanto do Perlío marcouno moi cedo Noa. O da vitoria, de penalti, leva a firma de Sabela.

Deportes

Publica o teu comentario agora