Da cor da soidade

Da cór da soidade
06 de Agosto, 2026 - 12:10 h. | Publicada por Radiofusión

Como Pasolini e como Blanco Amor, Luis Gonzalez Tosar procura no pobo humilde, rural ou urbano a gioia de vivir, a gaia ciencia dos trovadores provenzais. No afan por elevar a fala popular ao púlpito da alta cultura, latexa a emoción de escribir por primeira vez palabras bravas e ventureiras apañadas tras ardúa rebusca na oralidade. Afirmao así o escritor Bieito Iglesias, no prólogo do libro Da cor da soidade, Poesia reunida de Luis Gonzalez Tosar, que ven de publicar Editorial Galaxia. 

O turismo é unha forma de barbarie, conclue Bieito Iglesias quen tamén sinala que Tosar, regresa, como é inevitable en calquera odisea, ao mito, á Grecia anárquica e xenial, fundante do xeral humano.

 

Fotografía Xan Xe

Cultura

Publica o teu comentario agora