Da finca á tenda

Da finca á tenda
07 de Outubro, 2022 - 12:20 h. | Publicada por Radio Fene

Sonia López leva dez anos producindo arandos de maneira ecolóxica na parroquia de Belesar en Vilalba. Esta muller que decidiu emprender no rural pola liberdade que ofrece este modo de vida asegura que “o importante é probalos xa que, logo, os arandos véndense sós”. Hoxe en Onda ODS coñecemos os produtos de Os Arandiños.

ESCOITA O PODCAST:

“A idea xurdiu por unha herdanza que tiven, no sabía que facer coas fincas, estivemos mirando plantacións por Asturias e Cantabria e decidímonos a plantar unha hectárea de arando ecolóxico. Temos catro variedades de arandos. O rural é outra forma de vida. A súa principal ventaxa é a liberdade. Se vou facer a poda pero vai moito frío e chove pois non vou e volvo ao día seguinte. Iso si, a recollida nos tres meses de verán estamos a tope”, explica Sonia López. A produtora da marca Os Arandiños destaca en Onda ODS que “os nosos arandos non van á cámara. Salen da finca e van directamente á tenda. Se veñen de cámara cambia moito o sabor. Hai que probalos. O arando véndese só. Non precisa moita promoción”.

Sociedade

Publica o teu comentario agora